image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

EXPOSICION PICTÓRICA FONDOS A FUNDACIÓN ABANCA NO GAIÁS

Tal e como estaba previsto, MEDULIO comezou as actividades de Outono cunha viaxe a Compostela para visitar a mostra pictórica dos fondos de AFUNDACiÓN ABANCA na Cidade da Cultura, o sábado 29 de setembro pola tarde. Baixo a explicación sabia, clara e ben orientada de Manuel Rei, profesor do Instituto Concepción Arenal, e María Antonia Pérez, profesora da Faculdade de Humanidades de Ferrol, corenta persoas pasamos dúas horas, de 18 a 20 do serán, gozando coa contemplación de 300 obras de pintores galegos entre finais do século XIX e finais do século XX, entre eles, Castelao, Imeldo Corral, Seoane,  Lugrís, Laxeiro...

Sendo a selección de cadros escollida moi discutíbel, resultaba aínda máis a forma de ordenar a exposición, supostamente por temáticas, o lugar de colocación dos mesmos  nas distintas estancias ou salas, e a iluminación...Sen a intelixente e adecuada maneira de estruturar a explicación do que estabamos a ver por parte de María Antonia e de Manuel a mostra resultaría caótica e pouco instructiva para tirar unha sintética e clara análise e valoración da pintura galega e a súa orientación a través do tempo. 

A todos e todas quedounos tamén moi clara, após andar pola Cidade da Cultura, a imperiosa necesidade de buscarlle a unha boa parte dos seus espazos uns contidos permanentes, neste caso podería ser unha GRande Pinacoteca Nacional Galega, no edificio que acolle esta mostra, e acollerá dentro duns días A derradeira lección do mestre, de Castelao, non para sempre senón por uns meses, para volver de novo a unha situación insegura, incerta e sen a mínima visibilidade social en Buenos Aires.





Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário