image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Ameno e clarificador debate sobre o nacionalismo e a súa vixencia


O día 17 de outubro tivo lugar na Escola de Idiomas a presentación da Doutrina Nacionalista (1921) de Ramón Vilar Ponte, editada pola Fundación Terra e Tempo. Con este motivo celebrouse unha palestra na que participaron Miguel Anxo Bastos, profesor da Universidade de Santiago,  e Francisco Rodríguez *, escritor, respondendo a un cuestionario que lle foi formulado desde a mesa pola presidenta de Medulio, Elia Rico. Así foise debullando un temario que tratou sobre o significado e a importancia do nacionalismo como ideoloxía á altura de 1921 e nos nosos tempos, en primeiro lugar. Logo explicouse que debía entenderse por nacionalismo estrito senso e cais eran os riscos que definían unha ideoloxía e práctica nacionalista. 
 
Neste sentido, afondouse nas causas polas que hoxe de forma intencionada a úsase a palabra, moitas veces, para referirse a ideoloxías e prácticas que son antitéticas. Finalmente, os conferencistas trataron sobre a necesidade ou non do nacionalismo no mundo e, en particular, na Galiza, para alén de se era unha clave para entender moitas das situacións que se están vivindo.
 
 
Naturalmente, de forma implícita ou explícita, mesmo partillando un mesmo sustrato nacionalista, os interrogados expuxeron criterios e valoracións, análises e matices, en varias ocasións, diferentes, en contraste e discrepantes. O público asistente interveu tamén para posicionarse ou pedir algunhas aclaracións pertinentes. O fin que se perseguía con esta acto, dentro da súa limitada incidencia, cumpriuse: aclarar termos, conceptos e situacións nun contexto de confusión inducida, manipulación rampante e falta dos mínimos escrúpulos intelectuais.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário