image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Un concerto espléndido



Novamente o Jofre cheo. A poesía de tres clásicos da literatura galega namorando un público atento, emocionado e gozoso. Un ambiente escenográfico pleno de fermosura plástica. E unha música que acompañou con habelencia e adecuación a palabra poética transparente para os sentidos, para a sensibilidade de todo tipo e para a intelixencia. Rosalía, Pondal e Manuel María, obxecto da devoción da nosa Sociedade durante especialmente estes tres últimos anos, foron reunidos neste musical.  

Ofrecimos agora  exemplos do resultado do traballo que, co impulso e a organización de Medulio, Xoán Padín, Lidia Piñeiro, Alberte L. Porta, Alberte Maceiras, Alberte  Núñez, Moncho do Orzán, Nélida Santiago e Roberto Vázquez, realizaron para descubrir o potencial musical dos devanditos tres grandes clásicos galegos...Como sempre, o público quedou agradecido, demostrándoo cos seus aplausos intensos, e participando nalgunhas das cancións, nomeadamente Señor Gato de Manuel María, e A gaita Gallega, parte IV, Probe Galicia, non debes/ chamarte nunca española, coa que rematou o acto. 

Medulio ten a intención de todos os anos, como ven facendo desde tres xa, realizar un concerto similar con novas aportacións. Ao final, os actuantes nesta ocasión, Lidia Piñeiro e Xoán Padín, voces, Alberte Núñez, acordeón, Alberte Maceiras, gaita e saxo, Nélida Santiago, violino, e Roberto Vázquez, presentador, foron agasallados cuns ramiños de flores brancas e vermellas en sinal de agradecemento, entregados polo neno Brais Santiago, o máis novo dos nosos ciolaboradores.














Fotos: Miguel Anjo.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário