image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE DIARIO GALEGO


Coa presenza de promotores, Paula Carballeira e Leandro Lamas, un membro do Consello de Administración de SERMOSGALIZA, Nicolasa Castro, e a Presidenta de Medulio, Elia Rico, fíxose en Ferrol a presentación do proxecto dun diario en lingua galega. 



Alén das intervencións sobre a importancia de contar cun  diario en lingua galega como referencia, como cohesión e como definición dun espazo galego de comunicación sobre nós mesmos e o mundo, fíxose moito fincapé na necesidade de lograr o requisito indispensábel de contar con 3000 subscritores para facelo viábel. Tomando este obxectivo como prioritario, varias persoas cubriron fichas de subscrición no acto, outras levaron folletos que as contiñan e outras comprometéronse a facelo por internet. Púxose como data tope para a súa entrega o 20 de xullo. 


A composición artística do pintor Leandro Lamas, realizada á vista do público, quedou depositada en Medulio para a súa entrega a quen dos e das asistentes entregue máis subscricións.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário