image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Programación para o mes de febreiro



DíA 14, CUARTA, no Antigo Hospicio, o REINO DOS SUEVOS DE GALIZA, palestra con Alexandre Vigo, profesor e historiador, como preparación previa á excursión que se fará en marzo para ver a exposición sobre o reino suevo en Ourense.

DÍA 24, sábado, Día de Rosalía, no Torrente Ballester, ás 18 horas, O mundo de Rosalía, o noso mundo, espectáculo escénico e musical, baseado en poemas da escritora, coa participación do grupo de teatro da Sociedade, público asistente, o cantor, Xoán Padín,  a cantora, Lidia Piñeiro , o gaiteiro Alberte Maceira,  o acordeonista, Moncho do Orzán, e Nélida Santiago, violín. Catro poemas de Follas Novas musicados e a interpretación da Alborada de Cantares Gallegos, conforme á partitura orixinal.

Día 28, cuarta, ás 20 horas, no Antigo hospicio, 50 anos de OS SOÑOS NA GAIOLA de Manuel María, presentación dunha edición ilustrada con tal motivo, acompañada de actuación musical.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário