image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Seminarios previos á excursión do día 4 de novembro a Santiago


Os días dez e vinte de outubro tiveron lugar no Antigo Hospicio os seminarios sobre O Panteón Real da Catedral de Santiago e sobre A aparición do galego-portugués como lingua instrumental na Idade media, a cargo, respectivamente, de Francisco Rodríguez e José António Souto Cabo.
No primeiro caso, centrouse, especialmente, nas figuras de Fernando II e Afonso VIII, reis de Galiza e León, e o seu significado e simbolismo desde o punto de vista galego-portugués como grandes promotores da construción da catedral de Santiago e o seu Pórtico da Gloria, partidarios da reunificación con Portugal e proclives á relación co mundo musulmán e a promoción do comercio en vilas da costa e do interior, alén do importante florecemento da lírica trobadoresca galego-portuguesa na súa época, testemuña dunha unidade cultural e lingüística e de relacións intergrupais alén e aquén  Miño, que demostra que este non facía de fronteira no sentido actual do termo.
No segundo, o profesor da Universidade de Santiago debullou as causas que provocaron a aparición do galegoportugués como lingua instrumental, os textos máis antigos coñecidos nesta lingua, aquén e alén Miño, e defendeu a idea dunha mesma clase dirixente, con influencia e presenza en ambos reinos ser a promotora da lírica trobadoresca, xa nos tempos de Fernando II e Alfonso VIII. Decantándose pola tese, até agora a única demostrada empiricamente, dos textos en prosa notarial máis antigos  seren no caso de Galiza  de finais do reinado de Afonso VIII ou posteriores. Asemade aclarou a presenza na prosa medieval do topónimo Galiza como o único xenuíno.
Un animado coloquio seguiu ás dúas palestras, que serviron para contextualizar cultural e politicamente o patrimonio histórico e artístico que visitaremos na excursión que MEDULIO organiza a Santiago para o día 4 de novembro.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário