image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Grande participación no debate

A presentación /12 de maio, Libraría Galiano)  polo seu autor, Carlos Callón, do libro Galegocalantes e galego falantes, deu pé a un coloquio moi participativo. Varias persoas deron conta das súas experiencias, tanto da infancia, como na situación actual, que expresan a indefensión, desamparo e discriminación dos galegofalantes na Galiza. O verbo fluído, os exemplos que puxo e a simpatía do autor provocaron unha enxurrada participativa con punto común denominador da ansia por vivir en galego e contar con dereitos que o fagan viábel. 
 
O libro de Carlos Callón é un repaso das incidencias negativas que o noso idioma tivo que soportar os últimos anos, incentivadas ou impulsadas polo propio goberno da Galiza, e as moitas respostas colectivas e individuais de protesta, reafirmación e resistencia, de unha boa parte da sociedade galega.
 




En vídeo:


Fotos e vídeo: Miguel Anjo

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário