Coa representación de A VERDADEIRA HISTORIA DO POETA MANUEL DE PADERNA polo Grupo Lucecús Teatro, a SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO puxo o remate a actividade deste ano.
O público asistente na tarde do domingo, día 11, ao Torrente, unha parte del nenos e nenas, gozou coa expresividade do actor e a actriz protagonistas, Anxo Manuel e Isa Herrero, e coa propia participación no espectáculo, dirixido por Rubén Pérez, en boa maneira destinado a espallar os valores da obra de Manuel, especialmente a importancia e valor da nosa lingua propia, o galego.
Manuel María ocupou unha parte substancial da nosa programación en 2016: palestras, recitais, a representación de A ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA polo Grupo da Sociedade, actuacións de grupos musicais, conscientes do valor da súa obra como testemuña ou crónica poética viva de máis de medio século de vida galega.
CONVERSATION
Assinar:
Postar comentários
(
Atom
)
0 comentários:
Postar um comentário