image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

"As contas que nos contan": un libro que todo galego debera ler.

Coa sala de Sargadelos chea, un público diverso seguiu as explicacións do autor sobre as balanzas fiscais oficialistas como unha elaboración ideolóxica españolista, destinada a facer crer que Galiza vive de España. 

Botando man de dados oficiais e contrastábeis, en todos os casos, Xosé Díaz desmontou a falacia de que somos un pobo subvencionado, que non vivimos do noso traballo e que temos incapacidade fiscal para termar das nosas necesidades. Especial interese tivo o retrato real da presión fiscal que soportamos os galegos e o diñeiro que se nos entrega para desempeñar as competencias, así como os dados da balanza enerxética, a comercial e a financeira. 

No actual contexto de confusión e ignorancia sobre estes temas na Galiza, e o amparo académico e mediático que se lle dá aquí ao discurso da nosa incapacidade, Xosé Díaz, que leva anos traballando sobre estes temas, fainos ver, neste pequeno libro, con rigor, que Galiza, o pobo galego, vive do seu traballo, e que, en moitos aspectos somos un pobo espoliado, deixando en evidencia o feito rechamante de que ningunha institución académica promova o estudo destes temas, contentándose con seguir fielmente a teoría españolista, unha ficción, compartida polos partidos de ámbito estatal, na que non debemos seguir vivindo, se queremos ter futuro.






Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário