
Ademais das diferenzas de valor técnicas, comentáronse aspectos da vida política de Galiza nos últimos corenta anos que axudaron a comprender por que Carvalho e a súa obra seguen sendo molestas e discriminadas polas institucións oficiais, mesmo aquelas que, como a RAG, non están dominadas polo PP. Subliñouse tamén a importancia de que un mozo galego, especialista en comunicación e imaxe, como Antón, decidise facer o seu traballo fin de carreira sobre a figura de Carvalho Calero, pois non é habitual que se faga sobre temáticas relativas a Galiza.
Tamén é de agradecer o seu empeño por contar con distintas persoas, de diferentes posicións políticas, do campo da cultura, para recabar unha explicación sobre o significado da obra de Carvalho e o por que da súa marxinación aínda hoxe, pasados máis de 25 anos da súa morte. Polo demais, non pasou desapercibido, contemplando o video de 1991, a valiosa aportación que fixo Francisco Salinas, para un coñecemento riguroso do personaxe e as súas posicións, a través dunha entrevista gravada de máis de tres horas, algunhas de cuxas imaxes se recollen no devandito video.
Fotos: Miguel Anjo
0 comentários:
Postar um comentário