Cunha boa asistencia de público, fíxose a leitura de MAL DE MOITOS, con Paco Montero, como o vello petrucio, e Roberto Vázquez, como o rapaciño. Esta peza pertence ao teatro que facían Charlón e Hermida, dous traballadores da Construtora, membros das Irmandades da Fala, empeñados en mostrar canta deformación esperpéntica producía o intento de abandonar a identidade orixinaria galega, en particular a lingua, por parte dos emigrados galegos a América para pareceren españois feténs.
O público gozou con alegato tan sentido a prol de Galiza, os seus costumes e a súa lingua, e riu coa caracterización do mozo que regresa tan perturbado, afortunadamente mudado ao seu ser galego, ao final da obra. Houbo música e canción, grazas á participación do mestre pianista Andres Pazos, cuxa xenerosa colaboración agradecemos.
Fotos e vídeo: Miguel Anjo.
0 comentários:
Postar um comentário