image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Animado coloquio sobre "Sicixia"


Un animado coloquio sobre SICIXIA e o cinema galego tivo lugar na GALERÍA SARGADELOS co gallo da presentación do devandito filme polo seu director, Ignacio Vilar, e a encargada de produción, Laura Fernández. O director expresou todo o que significou para el como experiencia técnica, o seu primeiro filme plenamente dixital, e como vivencia social e emocional esta viaxe creativa pola Costa da Morte. 
 
Laura Fernández subliñou que, alén dos valores paisaxísticos, antropolóxicos e culturais do filme, contén unha fonda febra de defensa da igualdade de xénero e de denuncia do maltrato contra as mulleres, recoñecida polo propio Ministerio de Educación e Cultura español, que vén de declarala especialmente útil neste aspecto. 
Ambos os dous, director e produtora, evidenciaron o seu entusiasmo e esforzo a prol da existencia dun cinema galego que axude ao coñecemento do país dentro e fóra e a reforzar a autoestima colectiva do pobo galego. MEDULIO colaborará, na medida das súas forzas, a que SICIXIA sexa un éxito, como o foron as obras anteriores de Ignacio Vilar, en especial A esmorga, consciente da importancia, en todos os aspectos, que ten o impacto público deste cinema de nós.
 

 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário