image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Convivio da Cultura Galega


Como nos dous anos anteriores, MEDULIO participou no Convivio da Cultura Galega organizado pola Fundación Manuel María e a Casa Museo do poeta. Máis de cincocentas persoas, entre compoñentes de bandas, grupos musicais e persoas de distinta condición acudiron a esta xunta de fraternidade que, baixo a invocación da figura do poeta Manuel María, pretende ser unha mostra da cultura galega, especialmente no eido musical.

Desde as 12 da mañá desfilaron bandas, coros, grupos e artistas individuais perante un público amparado pola carballeira de Santa Isabel dun sol espléndido, á beira do río Miño. Uxía encargouse de cerrar o convivio cantando varios poemas de Manuel María. De subliñar é tamén a masiva comida campestre, propia dunha romaría, que tivo lugar na carballeira, da que dan fe as fotos inseridas. Nunha delas móstrase a mesa de Medulio.
De Ferrol actuaron os artistas Xoan Padin e Paco Montero, cantando un poema de Manuel María cada un, con grande suceso.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário