image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Unha praza cun público entregado



Malia todas os prognósticos que anunciaban un tempo revolto para o 27 pola tarde, xustamente unha hora antes do comezo do concerto sobre Poemas de Manuel María para cantar todos os días, parou de chover e abríronse claros de grande luminosidade. Así ás 20 horas en punto comezaron as actuacións que estaban previstas. 
Unha vez presentado o acto pola presidenta de MEDULIO, Elia Rico, iniciou a xeira o grupo PORTO, PADIN e LIDIA, con musicación orixinal e moi inspirada de poemas da última etapa de Manuel María. A seguir, PACO MONTERO puxo a nota, entre fado e copla, cunha voz portentosa, recorrendo a unha adaptación musical de distintas estrofes dos Sonetos ao Val de Quiroga. 
E finalmente, MINI e MERO, coa colaboración en dous casos de María Manuela, ofreceron unha mostra do seu repertorio sobre poemas de Manuel María, coa súa habitual capacidade de comunicación, voces graves e diáfanas,  e harmonía melódica. O público que enchía a Praza do Hino Galego premiou con aplausos vibrantes todas as actuacións. Rematado o acto, parecía como se ninguén quixese abandonar o lugar, un síntoma do clima emocional que se tiña creado, ben acompañado tamén pola temperatura atmosférica, sendo xa as 21.45 do serán.








Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário