image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela de Manuel María: unha festa de música, cancións, sátira e fermosura visual

O GRUPO DE TEATRO da SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO estreou o día 7, sábado, ás 19 horas, na capela do Torrente Ballester, como estaba previsto, a devandita peza, con música orixinal en vivo, partes cantadas e unha escenificación que potencia os significados simbólicos e alegóricos de personaxes e situacións.

A obra durou aproximadamente de cincuenta minutos e contou coa execución da música ao piano polo profesor do Conservatorio, André Pazos, e a do cantor  Paco Montero, nas personaxes do Garda e do Carcereiro. A Espiña de Toxo foi Nélida Santiago Sánchez, de 12 anos. A Folla de Carballo, Elia Rico Lagarón; A Xuiza, Luisa Sánchez; o Alcalde, Roberto Vázquez Fernández; o Recadador, Filipe Vázquez Fernández; o crego, Fadrique Gómez Vázquez; o Espírito do Vento, Roberto Vázquez Fernández e Brais Santiago Sánchez.



A escenografía dixital foi obra de Avelino Castro. O mural da Peceira de Bello Piñeiro serviu tamén de ilustración ao arranque e ao final da peza.

Entre o numeroso público asistente atopábase a viúva de Manuel María, Saleta Goi, a quen se lle entregou un ramo de flores, ao remate da función, en recoñecemento ao tesón e á enerxía coas que coida o legado literario e humano do escritor.

Todo o público asistente participou  cantando dúas cancións da peza, A Espiña de Toxo e A Folla de Carballo, e unha estrofe do poema Galiza, de Os Soños na Gaiola.

O mellor recoñecemento para o autor da obra e os artistas que a representaron foron os aplausos e o entusiasmo dos asistentes.

Fotos e vídeos de Miguel Anxo González.
















Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário