Baixo este lema, que pertence a unha peza dramática de Manuel María, coloca MEDULIO a súa programación do mes de Abril, mes no que aconteceu a rebelión galega de 1846, tema da devandita obra. Tanto Manuel María como o levantamento de 1846 forman parte da nosa actividade. Tendo a poesía de Manuel María como base, haberá dous actos, un o día 23, as 12, no Cantón (Antigo Hospicio rehabilitado, en Amboaxe, de chover) coa leitura e canto de seus 20 poemas por 20 persoas, cadansúa o seu. Outro, o día 30, no Torrente Ballester, ás 19 horas, será a posta en escena de Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, polo Grupo de Teatro da Medulio, con música e canto.
O día 26, na Galería Sargadelos, haberá unha sesión de Coñece a nosa historia, sobre o levantamento de 1846 e o seu impacto na prensa española da época. Aínda sen confirmar, o día 16, poderíase presentar , na Galería Sargadelos, ás 11.30, as actividades de Medulio sobre A Irmandade da Fala de Ferrol, e os actores Charlón e Hermida.
0 comentários:
Postar um comentário