A palestra do día 2 de marzo, a cargo de Fran Rei, animador cultural da CASA-MUSEO MANUEL MARÍA en Outeiro de Rei, servíu para informar sobre este interesante centro dedicado á vida e á obra de Manuel María.
Fran Rei valorou as visitas de persoas de moi distinta procedencia, condición social, cultural, e e idade, a súa reacción e os seus comentarios, para subliñar o asombro que produce neles, e a incidencia popular do poeta.
Tamén subliñou o desleixo e desinterese da autoridade local verbo da Casa, malia servir mesmo de animación e centro de atracción cultural no concello, para públicos diversos, en especial nenos e nenas. Animou a comprobar o que dicía na realidade, incitando a visitala.
0 comentários:
Postar um comentário