image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Información sobre a Programación Medulio, xaneiro-xuño, 2016.

Este ano 2016 preséntase como especialmente relevante do ponto de vista da posibilidade de espallar socialmente coñecemento da traxectoria cultural do pobo galego e da nosa historia contemporánea, do significado e necesidade do nacionalismo. 

Cúmprense 100 anos da fundación das Irmandades da Fala, 130 do nacemento de Castelao e o Día das Letras galegas vai dedicado ao poeta Manuel María. En todos os casos, a Sociedade Medulio vai encarar actividades diversas guiadas polo afán de incidencia social e participación da xente , a través de múltiples formatos e en ambientes diferentes. Con esta pretensión, propomos as seguintes actividades:

1.-Irmandades da Fala: 
  • Espallamento de trípticos informativos sobre As irmandades en Ferrol e os casos particulares de dous activistas, Charlón e Hermida.
  • Proposta de colocación de placas en inmóbeis relacionados coa fundación das Irmandades e coa vida dos dous activistas, buscando a colaboración do concello.
  • Teatro lido: Mal de Moitos de Charlón e Hermida, nalgún pub ou cafetaría...O espallamento   na rúa, nos centros de ensino e nos centros de traballo do  material editado será fundamental. O obxectivo é recuperar memoria histórica, coñecemento e valoración sobre nós propios..Contamos coa a asesoría de Laura Tato para a elaboración do material devandito. 
As actividades serán ao longo de todo o ano 2016.

2.-Castelao:
  • Recuperar as charlas informativas sobre a súa obra plástica, dando a coñecela en versión dixitalizada.
  • Visita a Pontevedra, Museu, e roteiro da súa vida: 30 de febreiro.
  • Aclaración sobre o federalismo en Castelao, como forma de contrastar co presente político no Estado español.
  • Castelao e Bóveda, un dúo fundamental: o reflexo do compañeirismo e a identificación na arte e na economía: A derradeira lección do mestre, a capacidade fiscal de Galiza (sistema de concerto). 
Actividades a celebrar entre xaneiro  e abril.

3.-Manuel María
  • Montaxe da obra, A espiña de toxo
  • Exposición e venda con antelación ao mes das Letras das edicións da Fundación Manuel María.
  • Curso monográfico, revivindo os nosos clásicos, sobre Manuel María polas mesmas datas.
  • Recitado de obra poética nunha praza pública con participación popular
  • Visita á Casa de Manuel en Outeiro e mostra da actividade sobre o poeta de Medulio. 
Desde febreiro a  xuño,

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário