Con unha boa afluencia de publico que sobardou a Sala de Sargadelos, desenvolveuse, o día 28 de outubro, o acto sobre a independencia de Catalunya no que participaron Xavier Trías e Joan Tardá.
O primeiro explicou as causas que provocaron o medre do independentismo en Catalunya os dez últimos anos, exemplificándoo co seu propio caso, o dun catalanista de onte, hoxe independentista, totalmente convencido de que non hai saída para o país dentro do Estado español.
Tardá centrouse en informar dos pasos que Junts pel Sí ten deseñado para continuar co proceso que desemboque na construción do Estado catalán e na declaración da República catalá.
Un animado e longo coloquio seguiu as súas intervencións, centrado nas medidas represivas do Estado español, a súa esencia antidemocrática e imperialista, as mudanzas socio-ideolóxicas que se están a producir en Cataluña grazas ao proceso independentista, as relacións con Valencia e as Illes Balears ou a situación de Galiza en contraste con Cataluña..
0 comentários:
Postar um comentário