Como estaba previsto, celebráronse entre o mes de abril e xuño as sesións sobre tres clásicos da literatura galega, Castelao, Otero Pedraio e Eduardo Blanco Amor. Foron dúas sesións para cad un dos autores devanditos, por conta, respectivamente, de Manuel Rei, Laura Tato e Francisco Rodríguez.
O curso baseouse na leitura e análise colectiva de textos fundamentais dos autores contemplados, o que foi especialmente útil para os participantes interesárense polo conxunto da súa obra. O obxectivo era gañar leitores para os nosos clásicos, e coidamos que se logrou a xulgar polo seguimento con interese das persoas que se inscribiron no curso.
0 comentários:
Postar um comentário