Máis de medio cento de caraveis e lirios non chegaron para repartir entre os asistentes ao noso acto o 25 de febreiro ás 20 horas no auditorio do Conservatorio.
Estivo dividido en tres partes: a proxección do video daAS.PG sobre Rosalía e Cantares gallegos; o recitado de cinco poemas de Follas Novas; "Probe Galiza, non debes/ chamarte nunca española...", con música de André Pazo, que a executou ao piano, cantando a letra Paco Montero. Nun pequeno entreacto sorteáronse cinco libros de temática rosaliana.
O público gozou con este sinxelo, emotivo e significativo acto que non é máis que unha pequena contribución máis de Medulio no ronsel de diversificadas actividades que adicamos nos últimos anos ao noso grande cásico por excelencia, Rosalía de Castro.
0 comentários:
Postar um comentário