O día 9 ás 19 horas na capela do Centro Cultural Torrente Ballester tivo lugar a estrea de Cabaret Ferreiro, un espectáculo do Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio, fundamentado en poemas de Celso Emilio Ferreiro, con música orixinal e unha plástica escenográfica adecuada. O entusiasmo do público manifestouse xa desde o comezo e acadou momentos de entrega total, con participación directa cantando. O bo sabor de boca foi tal que moitos dos asistentes permaneceron no local máis de dez minutos após rematar a función comentando o que viran. Pareceulles que a sesión durara 15 minutos no canto dos 45 reais. A continuación damos unha información detallada sobre o espectáculo:
Equipa artística
Músicos
Enrique Agrelo, violín
Suso Iglesias, acordeón
Andrés Pazos, piano
Plástica escenográfica
Avelino Castro
Grupo de teatro de Medulio:
Ramón Afonzo
Pedro Fernández
Borxa González
Iolanda Gomis
Rosa Lourido
Elia Rico
Iván Rivas
Xavier Rodríguez
Luisa Sánchez
Marta Xen
Mariña Xen
Teresa Barrós, soprano
Vítor Agulló, pandeiro e tambor
Dirección: Francisco Rodríguez
Poemas de Celso Emilio Ferreiro que fundamentaron o espectáculo
- Epitafios (do libro Cemiterio privado, 1973): melodía de Francisco Rodríguez; harmonización de Andrés Pazos.
- Inverno ( do libro Longa noite de pedra, 1962)
- Os honorábeles (do libro Longa noite de pedra, 1962)
- Goethe (do libro Longa noite de pedra, 1962): melodía de Francisco Rodríguez, harmonización de Andrés Pazos.
- Son un pasmón (do libro Longa noite de pedra, 1962): melodía de Francisco Rodríguez; harmonización de Andrés Pazos
- Apartheid (do libro Viaxe ao país dos ananos, 1968)
- Digo Viet Nam e basta (do libro Viaxe ao país dos ananos, 1968)
- Palabras a un pintor galego (do libro Viaxe ao país dos ananos, 1968)
- Deitado frente ao mar (do libro Longa noite de pedra, 1962): pandeiro e tambor
- Para a mocidade (do libro Viaxe ao país dos ananos, 1968): música de Andrés Pazos
- Canción (do libro Viaxe ao país dos ananos, 1968): pandeiro e tambor
0 comentários:
Postar um comentário