image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Unha información que a mediática imperante agocha e obstaculiza

 
Tivo lugar o día 11 de xaneiro a anunciada palestra de Carles Campuzano, portavoz do PDeCat no Congreso dos Deputados, sobre a situación en Catalunya e as perspectivas de futuro. Como era de esperar, a palestra foi debidamente silenciada polos medios dominantes, ou minimizada para pasar desapercibida, dando máis unha vez probas da súa aversión ao contraste e o debate de ideas. 
 
Nunha palabra, a súa férrea oposición á liberdade de ideas e ao pluralismo político, como forma de manter a sociedade na ignorancia e nos prexuízos.
Carles Campuzano debullou a disertación entres bloques: por que se chegou a esta situación, como se trata de dar solución a un problema a través de cauces democráticos e o complicada, duro e represivo momento que se vive, que non vai anular nin destruír a conciencia e os obxectivos dun pobo consciente. 

 
A seguir, tivo lugar un intenso coloquio onde se debateu sobre o carácter profundamente antidemocrático e xerarquizado do Estado español e a súa intolerancia perante o pluralismo nacional, cultural e lingüístico que o constitúe, o contido oligárquico e economicista da UE, e a realidade política galega, como un caso paradigmático da aplicación do artigo 155 desde dentro, isto é, como renuncia dos seus gobernantes a facer valer a existencia do país, a súa capacidade e os seus dereitos, subordinado sempre aos intereses da política estatal, en contraste co que se fixo co marco autonómico en Catalunya durante máis de trinta anos.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário